Pouco a pouco vanse confirmando presentacións que terán lugar nas datas nas que se celebra o Mobile World Congress de Barcelona. Separándose da gran presentación de LG prevista para o domingo 21 (día no que tamén se espera evento de Samsung), o mércores 24, coñeceremos o novo buque insignia de Xiaomi, o Xiaomi Mi5.
Son moitos os rumores e filtracións que se levan feito sobre este terminal. As especificacións que se manexan son as que seguen:
- Pantalla LCD IPS de 5.3 polgadas QHD (1440 x 2560 píxeles, 554 ppp).
- Procesdor Snapdragon 820 de catro núcleos a 2,2 GHz.
- 3 / 4 GB de RAM
- 16 / GB de memoria interna
- Cámara principal de 16 Mpx con estabilizador de imaxe e flash dual
- Cámara frontal de 6 Mpx.
- Sensor de pegadas dixitais.
- USB Type C.
- 3030 mAh de batería.
- Android 6.0 Marshmallow
Malia todo, pola organización do evento semella que haberá sorpresas. E é que a cita terá unha duración de aproximadamente dúas horas, o que deixa a porta aberta a outros dispositivos, que podería ser unha versión “mini” ou “plus”, algún novo wearable ou o novo ultra portátil no que a compañía está a traballar.
En algo menos dun mes sairemos de dúbidas. Vós que pensades?