Vodafone vén de anunciar unha promoción para as clientas das tarifas de cartón prepago Vodafone Yu, Vodafone Internacional Smartphone e Vodafone in Spain. Deste modo, quenes renoven a conta entre o 27 de xaneiro e o 31 de marzo disfrutarán do dobre de GBs sen ningún custe adicional, e poderán renovala tantas veces como queiran.
Deste modo, por exemplo un cliente co plan Megayuser terá 4 GB en lugar dos 2 habituais, mentres que un Superyuser terá 3 GB no canto de 1,5 GB. Ademais, as tarifas Vodafone Yu inclúen as chamadas gratis a outras clientas de Vodafone Yu, así como minutos a outros operadores durante as 24 horas, tal e como se explica na seguinte táboa
>YUSER< |
>SUPERYUSER< |
>MEGAYUSER< |
|
Cota | 10€ | 15€ | 20€ |
Datos | 1GB/ 2GB | 1,5GB/3GB | 2GB/4GB |
Chamadas a todos | 20 min. | 50 min. | 100 min. |
Chamadas entre VF Yu | Gratis | Gratis | Gratis |
Quen teña a tarifa Vodafone Internacional Smartphone pasará a ter 3 GB (en lugar de 1,5 GB), con 60 minutos para chamadas nacionais e internacionais mantendo a cota de 15 euros.
A promoción pódese contratar desde hoxe até o 31 de marzo, e é válida tanto para clientas actuais como novas altas.