O Huawei Mate 8 á venda o 1 de febreiro no noso país

Logo do anuncio en novembro e o (re)anuncio durante o CES de Las Vegas, o Huawei Mate 8 xa ten data para a súa posta á venda no noso país. Será o 1 de febreiro e poderase adquirir por 599 € a través de El Corte Inglés, Media Markt e The Phone House, onde estará dispoñíbel en catro cores (ouro, prata, gris e marrón).

O trebello é o actual buque insignia da compañía, un dispositivo que conta cun deseño e prestacións premium, destcando especialmente polo rendemento, eficiencia e autonomía, que o convirten nun trebello ideal para uso persoal e profesional.

huawei mate 8 -1

Conta cunha pantalla de 6 polgadas con cristal curvado 2,5D e resolución FUllHD (1920 x 1080), procesador Kirin 950, de oito núcleos (4 a 2,3 GHz e 4 a 1,8 GHz), 3 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. A cámara principal é un sensor Sony IMX298 de 16 Megapíxeles, mentres que no caso da cámara frontal elixiron un modelo de 8 Mpx. Tamén ten lector de pegadas dixitais con funcionalidades extra e configurábeis.

A súa batería é de 4000 mAh e ofrece sen problema dous días de uso. Ademais integra sistema de carga rápida, e con tan só 30 minutos de enchufe xa está preparado para aguantar 1 día completo. En canto a sistema operativo, vén con Android 6.0 Marsmallow e a interface EMUI 4.0.

Como comentamos ao comezo do artigo, poderase mercar desde o 1 de febreiro por 599 €.

Sobre o autor

Reply