Mallando no Android

Menu
  • Inicio
  • Aplicacións
  • Smartphones
  • Tarifas
  • Reviews
  • Contacto e redes
    • Contacto e redes
    • Quen somos
    • Únete a nós!
    • Nos medios
  • Telegram
  • RSS
Inicio
apps
&
facebook
&
Whatsapp
WhatsApp acada os 1000 millóns de usuarias activas ao mes
apps, facebook, Whatsapp

WhatsApp acada os 1000 millóns de usuarias activas ao mes

Autor Iago Varela Martínez O día 28 Xaneiro, 2016 Non hai comentarios

WhatsApp vén de acadar un novo fito na súa historia ao acadar os 1.000 millóns de usuarias activas mensuais, unha cifra que fai que se manteña líder entre as aplicacións de mensaxería isntantánea, malia non ser nin a que máis funcións ten nin a máis segura.

WhatsApp, propiedade de Facebook desde que a compañía que dirixe Mark Zuckerberg se fixo con ela por 19.000 millóns de dólares, non para de medrar, e nos últimos tempos vimos como se foron engadindo pequenas funcionalidades que a melloran, como WhatsApp Web, as chamadas ou a copia de seguridade das conversas en Google Drive.

Ademais, hai tan só uns días a compañía mudou o modelo de negocio e deixará de cobrar os famosos céntimos anuais polo servizo, e segundo se desprende duns comentarios do servizo de tradución non tardará en engadir a posibilidade de compartir documentos ou a videochamada.

Facebook: 1590 millóns de usuarias activas ao mes

Pero se boas son as cifras de usuarias de WhatsApp mellor son as de Facebook, que xa conta con 1590 millóns de usuarias activas ao mes a nível mundial, o que se traduce nuns ingresos de 5480 millóns de dólares durante o último trimestre do ano pasado, provintes a maior parte deles da publicidade móbil (80%).

Artigos relacionados

S-Voice, o asistente parlante de Samsung dispoñíbel para todos os Android ICS

S-Voice, o asistente parlante de Samsung dispoñíbel para todos os Android ICS

: Samsung vén de bloquear o acceso a S-Voice a …
19 Maio, 2012
2 minutos de lectura
Descarga xa o novo Android Market

Descarga xa o novo Android Market

Sabemos que, como vos androides, odiades agardar. E cando se …
13 Xullo, 2011
1 minutos de lectura

Vodafone presenta Xone en España

Vodafone vén de anunciar no Mobile World Congress de Barcelona …
23 Febreiro, 2014
3 — 4 minutos de lectura

Sobre o autor

Iago Varela Martínez

Techie, geek e frikiño. Apaixonado dos trebellos e da ciencia

Reply

Cancelar a resposta

Buscador

Hosting por Logo Dinahosting

Achega económica

Axúdanos cunha aportación económica periódica (suscrición) ou puntual (doazón). Clic aquí para saber máis ou selecciona unha das seguintes opcións.









2023 © copyright Mallando no Android
Feito con ❤️ na Galiza 
Esta páxina usa cookies para mellorar a túa experiencia de navegación. Asumimos que estás dacordo, pero podes abandonar a web se o desexas Aceptar Reject Ler máis
Lei de cookies

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Sempre Activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GARDAR E ACEPTAR