O LG V10 xa está dispoñíbel por 699 €

LG pon por vin á venda o LG V10 no noso país. Trátase dun dos terminais máis innovadores que a compañía fabricou nos últimos anos, e que destaca pola presenza da súa dobre pantalla frontal. O seu prezo? 699 €.

O LG V10 é unha das últimas apostas de LG, un dispositivo que recolle a experiencia de anos de innovación nas gamas G e Flex, máis tamén un anticipo do que cabe agardar do LG G5, o seguinte buque insignia que aspiramos a ver no MWC.

lg v10 - 4

Logo de levar xa un tempo á venda en Asia e América, chega a Galiza o terminal de dobre cámara traseira e pantalla dual. O segundo panel permítenos amosar notificacións e realizar outras accións sen termos que activar a pantalla principal, co conseguinte aforro enerxético que isto supón.

Especificacións de gama alta

O LG V10 pertence á esa gama alta premium. As súas características técnicas resúmense na seguinte listaxe:

  • Pantalla principal de 5,7 polgadas (QHD)
  • Pantalla secundaria de 2,1 polgadas (QHD)
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 808
  • 4 GB de RAM
  • 64 GB de memoria interna
  • Cámara principal (dobre) de 16 Mpx, estabilizador óptico e electrónico.
  • Cámara frontal de 5 Mpx
  • Batería de 3000 mAh

Como comentabamos ao comezo do artigo, está xa á venda nas principais cadeas de distribución de telefonía por 699 €, un prezo competitivo para as prestacións que incorpora, aínda que seguramente non ha tardar en baixar.

Sobre o autor

No Responses

Reply