Xa podemos xogar ao xadrez na app de FB Messenger

A día de hoxe, a maioría de nós usamos Facebook Messenger para manter conversas entre usuarias, como se do Whatsapp se tratase. Pero ademais desta funcionalidade obvia, vimos de coñecer que existen comandos ocultos cos que por exemplo, podemos comezar unha partida de xadrez. Só temos que premer nunha conversa e teclear @fbchess play. Aparecerá un taboleiro e xa poderemos comezar o xogo.

Para facer un movemento, non podemos premer a pantalla nin arrastrar nin nada semellante, temos que escribir as ordes de xeito manual; se por exemplo se queremos mover o peón á casilla e4, teremos que teclear @fbchess e4 ou @fbchess Pe4.

Screenshot_2016-02-02-16-35-37

Evidentemente, non podemos coñecer todos os comando tirando de imaxinación polo que temos o comando @fbchess help onde se nos amosan unhas pequenas instruccións coas que aprendemos a mover as pezas polo taboleiro.

Ademáis de xogar ao xadrez, tamén temos outro comando co que podemos mandar imaxes de mascotas aleatorias sempre que tecleemos o comando @dailycute dentro dunha conversa.

comandos FB messenger 02

Polo de agora non soubemos doutros comandos pero… aparecerán máis? Que pensades?

Sobre o autor

Reply