Yoigo duplicará nun ano as súas antenas para reducir a dependencia de terceiros

TeliaSonera, compañía matriz de Yoigo, vén de anunciar importantes novidades en pleno ruxe ruxe sobre a venda da filial española. Segundo publica hoxe Expansión, TeliaSonera aprobou un ambicioso plan de despregamento de rede grazas ao que aspiran a pasar das 4.800 antenas actuais a 11.000, o que axudaría a reducir a dependencia de Movistar, operador que suministra rede a Yoigo aló onde este non chega.

O plan, que conta cunha inversión prevista de entre 150 e 200 millóns de euros, ten un claro obxectivo de aumentar a clientela á que dan servizo directamente, pasando do 85% da poboación estatal a máis do 95%, polo que chegarán a moitas vilas e aldeas nas que agora non teñen cobertura propia.

Eliminar a dependencia de Movistar permitiralles aforrar moitos cartos en concepto de alugueiro de rede ao cursar o tráfico pola súa propia, mais sobre todo seguir a mellorar os plans de datos que están a facer de Yoigo o operador máis ambicioso neste sentido.

Yoigo ten complicado marcar as diferenzas nun momento no que as portabilidades están máis estabilizadas polos plans converxentes que aúnan fixo e móbil nunha única factura. Malia todo, son optimistas, pois calculan que arredor de 14 millóns de liñas non se integrarán nesas ofertas converxentes, e a alas dirixen todas as intencións. Daralles resultado?

Sobre o autor

Reply