Orange dá un 50% de saldo extra ás clientas que recarguen en febreiro

Malia que cada vez son menos as liñas móbiles de cartón prepago (e de feito existen compañías que nin tan sequera ofrecen o servizo), aínda existe un número considerábel delas, case sempre relegadas ao esquecemento polos operadores.

Non é o caso de Orange, quen ofrece tarifas bastante aceptábeis neste segmento, así como unha serie de promocións das que, máis ou menos permanentemente, nos podemos beneficiar.

saldo gratis

Durante todo este mes de febreiro a promoción consiste en agasallar a quen faga unha recarga de máis de 10 € co 50% de saldo extra, de maneira que se recargamos 10€ teremos 15€, e se cargamos 30 teremos 45 €, por poñer un par de exemplos.

Con todo, non se aplicarán directamente, senón que tras realizar a recarga recibirá unha mensaxe cun código Recarga y Gana. Este poderase canxear tanto na web da promoción como a través do teléfono 1211. Así mesmo, hai que ter en conta que este saldo ten 30 días de validez.

Sobre o autor

Reply