Safety Truck, o invento de Samsung para reducir os perigos dos adiantamentos

Tentar adiantar a un camión de grandes dimensións en estradas dun só carril por sentido ten as súas complicacións, e en ocasións non somos que de facelo con plenas garantías de seguridade ao non gozar de boa visibilidade. Pensando niso Samsung desenvolveu unha idea sinxela pero ao tempo tremendamente efectiva: poñer pantallas nas partes traseiras dos remolques que fagan a estes camións transparentes.

samsung safety truck - 1

Este invento chámase Samsung Safety Truck e xa se está a probar na Arxentina. A instalación resulta bastante sinxela, pois non ten máis que unhas cámaras situadas na parte frontal, que ademais contan con visión nocturna para poder operar a calquera hora. O sinal da imaxe transmítese sen fíos ás pantallas situadas na parte traseira. No seguinte vídeo pódese ver un pouco máis polo miúdo o seu funcionamento:

Para levar adiante estas probas, que terán unha duración de catro meses, Samsung conta coa axuda de VOLVO e Helvética. Serán así os camións que veremos no futuro polas estradas?

Sobre o autor

Reply