VAIO Phone Biz, o primeiro smartphone Windows 10 da marca

Atrás quedou o tempo no que VAIO era unha das marcas de computadores de Sony. Hoxe, con camiños separados, VAIO adícase tamén aos smartphones, e xa temos falado de algún que outro modelo con Android. Agora chega o VAIO Phone Biz, o primeiro smartphone de VAIO con Windows 10.

vaio phone biz - 2

O trebello vén con este anuncio a modo de carta de presentación. Ben, non sabemos o que di (igual até nos é mellor non sabelo xD), pero só ten un calificativo: W.T.F.!!

https://youtu.be/c0ID-t1oc7s

Pero non quedemos na anécdota. O Phone Biz integra unha pantalla tipo LCD de 5,5 polgadas, con resolución Full HD. No seu interior integra un procesador Snapdragon 617, xunto con 3 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD. As cámaras son de 13 e 5 megapíxeles.

O VAIO Phone Biz comercialízase no Xapón por uns 400 € ao cambio.

Sobre o autor

Reply