Microsof quere refrixerar os seus servidores tirándoos ao mar
Pois si amigas, como ledes, e non estamos exaxerando. Refrixerar os servidores é caro e Microsoft ten moi avanzado un proxecto para intruducir os servidores dos datacenter en cápsulas que irán colocadas no fondo marino e así conseguir una refrixeración tan barata como eficiente. Este proxecto leva o nome de Project Natick.
Ademáis, queren aproveitar as mareas para xerar enerxía e alimentar así aos servidores, o cal unido a este novo tipo de refrixeración, a priori, os custos destas instalacións veranse reducidos un xeito importante.
Podemos ver terminais Nexus na nova Expediente X
Fai poucas semanas que volveu ás pantallas a mítica serie que rematou xa fai 14 anos, Expediente X. Nesta nova entrega da serie os protragonistas da serie, Mulder e Scully usan terminais Nexus. Podémolos ver claramente na pantalla. Iso sí non son os últimos de sair do forno, se non que teñen o Nexus 5 e o Nexus 6.
Vendo que non son os últimos terminais Nexus, todo apunta que é una decisión da serie e non unha alianza comercial con Google.
Twitter muda a súa pantalla de inicio
Esta semana Twitter comezou a renovar a súa pantalla de inicio (login), tanto na versión de escritorio como para móbiles. Esta renovación afectará a 23 países entre os que está o noso.
Como vedes, na nova web de portada podemos ver os temas máis comentados sen importar se estamos ou non rexistrados. Para as usuarias rexistradas, ademáis verán tweets organizados por categoría e ubicación. Trátase dun cambio radical ao que nos teremos que afacer que está máis próximo a un portal de novas.
Sony deixará de vender tablets wifi?
Un rumor chegado esta semana indica que Sony podería estar pensando en deixar de vender tablets con conexíon wifi, e só mantería no mercado as que se conectan á rede móbil. O anuncio parece que procede do xerente dunha tenda de Sony no Xapón, poñendo unha data límite para a súa comercialización: o mes de marzo.
Veremos como remata este rumor.
Whatsapp xa permite grupos de até 256 membros
Whatsapp vén de subir o límite de usuarias que forman un grupo, deixando de momento, este límite en 256 membros. Se os grupos para moitos xa son coma morrer, pola exaxera actividade (moitas veces para estar ao día en tema memes), con esta nova mellora a cousa non vai mellorar.
Esta actualización terá algo que ver con ese posíbel Whatsapp empresarial, do que vos falamos fai escasas datas?