O LG G5 terá unha pantalla “Always On”

Conforme nos imos achegando ao 21F van aparecendo novas informacións sobre os dous flagships que chegarán ese día: o Samsung Galaxy S7 e o LG G5. Desta vez o protagonista é o novo dispositivo de LG, pois a compañía surcoreana vén de confirmar que disporá de pantalla “always on”.

lg g5 always on

Se ben é certo que esta non é unha funcionalidade novidosa nun smartphone (por exemplo o Moto X xa contaba con ela), trátase do primeiro dispositivo de LG en contar con ela. A particularidade está na iluminación dunha parte do panel para amosar unicamente as notificacións que recibamos.

A pregunta que nos xurde é como vai afectar isto á batería, pois nos paneis LCD aínda que vexamos unha gran parte da pantalla en negro, realmente está completamente acesa, algo que afectará á batería.

Agardamos que todas estas dúbidas queden resoltas logo da presentación que teremos en dous domingos.

Sobre o autor

Reply