Locategy, un novo servizo para controlar ás pícaras

Estes días coñecemos unha nova aplicación que permite a nais e pais ter un pouco máis de control sobre o que fan as pequenas da casa co teléfono. Chámase Locategy, e o mellor para entender o seu funcionamento é que vexades o seguinte vídeo.

Esta app ofrece un servizo completo, pois ademáis de conseguir información de como usan os dispositivos, tamén podemos por alarmas de localización e mesmo restrinxir o uso de determinadas aplicacións. Un punto importante en relación coas alarmas automáticas de localización é que poden resultar unha boa opción para persoas maiores que precisan dunha vixilancia constante, pois poderemos obter rutas dos seur percorridos.

Locategy Captura localización familia

Máis polo miúdo, podemos empregar esta app para saber cando chega a pequena á escola ou á casa, ademáis de restrinxir o uso de terminal en momentos familiares concretos, como poden ser o xantar ou a cea.

A aplicación, que se pode descargar de xeito gratuíto desde a Play Store. pode empregarse como ferramenta de apoio en casos puntuais. Pero ollo! Que non substitúe á educación na casa 😉

Sobre o autor

Reply