latri.ca, o “Twitter galego”, renóvase completamente

No ano 2010 púxose en marcha latri.ca, un proxecto de rede social galega que tiña un claro obxectivo: converterse no “Twitter galego”. Seis anos despois, e logo dun longo período de esquecemento, as súas responsábeis veñen de darlle unha volta ao proxecto para renovalo e tratar de relanzalo.

O novo latri.ca muda completamente o seu aspecto, adaptándose a todo tipo de pantallas, o que no caso dos dispositivos móbiles serve para contrarrestar a ausencia de aplicacións nativas (está en camiño). Mais, con todo, conserva a meirande parte das súas funcionalidades, como as conversas en tempo real, as mensaxes de máis de 140 caracteres e os privados.

unnamed

O novo perfil de usuaria admite ligazóns ás diferentes redes sociais que teñamos, así como a elección duha foto de portada que o complemente. Sumado a isto temos novas funcións, como a privacidade nas publicacións ou a recomendación de usuarias ás que seguir.

unnamed (1)

Xa por último compre destacar que a inclusión de iconas e stickers xenuinamente galegos cos que poder complementar as nosas mensaxes: non faltan o licorca, as cuncas, os pementos de Padrón ou a queimada, entre outros.

latri.ca está dispoñíbel en galego, castrapo, seseo e gheada. Cada quen pode escoller o que mellor lle conveña 😉

Sobre o autor

One Response

  1. Elijah Baley 16 Febreiro, 2016 Responder

Reply