Por primeira vez en varios anos, Microsoft (antes como Nokia) non parece moi interesada en presentar nada durante o MWC. Porén, adiándose ás datas do congreso, onte anunciaron un novo membro da familia Lumia, o Microsoft Lumia 650.
O trebello, de gama media, conta dun deseño bastante coidado e o borde terminado en metal. Incorpora unha pantalla HD OLED de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 212, 2 GB de memoria RAM e cámaras de 8 e 5 megapíxeles.
En canto a software, vén con Windows 10 e inclúe de serie toda unha gama de ferramentas preinstaladas orientadas á produtividade, entre as que destacan Skype e Microsoft Office.
O novo Lumia 650 estará á venda desde o próximo día 18 por 229 €.