Samsung está a renovar todo o portfolio de dispositivos para este ano, e entre as novidades atopamos a Samsung Galaxy Tab E, unha nova tablet dirixida á gama media, que vén de ser filtrada.
O trebello incorpora unha pantalla de 7 polgadas con resolución 1280 x 800 píxeles. No interior antopamos un procesador de catro núcelos a 1,3 GHz, 1,5 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD e batería de 4000 mAh.
En canto a deseño, o trebello conserva as liñas habituais de Samsung, e terá un peso de 283 gramos e 8,7 mm de grosor.
Está previsto que saia á venda entre marzo e abril por uns 169 €, levando Android 5.1.