Illusio aplica a realidade aumentada á sanidade

O tema das operacións de estética é canto menos controvertido. Algunhas persoas están a favor ou en contra e outras dependen do caso: se é unha operación estética de reconstrucción logo dunha enfermidade ou accidente si, no resto dos casos non porque os desexos de operarse son froito dunha presión social desmedida sobre as persoas…

Deixando as consideracións persoais e mesmo éticas de lado, hoxe queremos amosarvos como se pode empregar a realidade aumentada na sanidade.

illusio 02

Unha empresa californiana chamada Illusio vén de aplicar a realidade aumentada para ver os resultados dunha posíbel operación de seos grazas a unha app desenvolta para iPad. Con esta aplicación, as pacientes poden facerse unha idea do resultado final da operación, pero cómpre non esquecer que se trata dunha intervención de importancia e os resultados non son sempre os agardados.

Na aplicación pódese ver o teórico resultado con diferentes tamaños de próteses, e así facer a elección correcta para que o final do proceso sexa do seu agrado. Todo isto é posíbel grazas a un sostén especial que permite probar con diferentes próteses cando se captura a imaxe da paciente coa app.

Nesta ligazón tedes información polo miúdo de como traballa esta empresa.

Sobre o autor

Reply