LG Stylus 2: outro trebello de LG para o MWC

LG non só anunciará o LG G5 durante o Mobile World Congress. O fabricante surcoreano ten preparada a renovación total do seu portfolio de dispositivos, e ademais dos LG X que vimos hai uns días tamén teremos un trebello con stylus, o LG Stylus 2.

O novo smartphone, que se enmarca dentro da gama media, integra unha pantalla HD de 5,7 polgadas (1280 x 720 píxeles), e no seu interior leva un procesador de catro núcleos, 1,5 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD.

LG-Stylus-2 - 2

A batería será de 3000 mAh e será compatíbel coas redes 4G LTE. Mais se cadra, o feito diferencial é a presenza dun stylus que nos permitirá axilizar a introdución de texto co modo de escritura manual, así como dibuxar axilmente.

Haberá que agardar ao domingo para descubrir as especificacións que quedan pendentes, como a calidade das súas cámaras, se dispón de elementos que se están a converter en habituais (lector de pegadas dixitais, NFC, …) ou, tamén, o seu prezo e data de posíbel posta á venda.

Sobre o autor

Reply