Vaite despedindo da túa SIM, chegan as eSIM

Moito se leva falado da SIM virtual que sustituirá as SIMs tradicionais nos seus diferentes tamaños. Todo apuntaba a que ía ser presentada durante o Mobile World Congress, pero a eSIM vén de ser oficializada polo consorcio GSMA.

A GSMA confirma as empresas implicadas no proxecto e que, polo tanto, traballaron no desenvolvemento da eSIM. Falamos de operadores coma Telefónica, Orange, Vodafone ou TeliaSonera e a nível mundial, destacan Deutsche Telekom, AT&T, NTT Docomo, Verizon, TIM o Telenor entre outros. En canto aos fabricantes, non faltan nomes coma Apple, Samsung, Sony, Microsoft, LG, Huawei, Nokia e Qualcomm, un aval que garantirá  o futuro do proxecto.

operadoras esim

A priori, pensamos que todo serán vantaxas, pois contamos con máis espazo no interior do terminal que se pode aproveitar para meter unha batería de máis capacidade ou reducir grosor e peso. Ademáis a complexidade dos procesos de portabilidade tanto nacionais coma internacionais veranse reducidos enormemente, pois non precisaremos recibir unha SIM física e ademáis podemos ter máis dunha liña no mesmo terminal (de feito poden darse de alta até 20) sen precisar de máis dun slot como pasaba até o de agora.

E por último, teremos outros beneficiados de xeito colateral: os smartwatches e wearables en xeral, que case todos precisan dunha conexión permanente a un móbil e deste xeito, cunha eSIM, poderán ser totalmente autónomos e conectarse á rede directamente.

Con este movemento queda claro que as SIMs teñen os días contados. Que vai pasar cos coleccionistas?

Sobre o autor

Reply