Esta semana chegaron ao noso país dous terminais fabricados pola empresa británica Wileyfox. Son o Wileyfox Storm e o Wileyfox Swift.
A principal característica destes terminais e que misturan compoñentes de calidade ao tempo que tentar manter prezos axustados. Ademáis, temos que ter en conta qu estes dous terminais corren con Cyanogen OS 12.1, que está baseado en Android 5.1.
Wileyfox Storm
As características máis destacadas deste terminal son:
- Procesador Qualcomm Snapdragon 615 Chipset de oito núcleos.
- Pantalla de 5.5” fHD.
- Conta con 3 GB RAM e 32 GB ROM ampliábel con tarxetas MicroSD até os 128 GB.
- Cámara principal de 20MP e 8MP a dianteira. Ámbalas dúas con flash.
- Conectividade: WiFi 2.4GHz, 802.11 b/g/n, Bluetooth v.4 (LE), 4G LTE e dual SIM.
- A batería é de 2500 mAh.
- O paquete de venta non inclúe cargador.
O seu prezó é de 279 €.
Wileyfox Swift
As súas especificacións son:
- Procesador Qualcomm Snapdragon 410 Chipset de catro núcleos.
- Pantalla de 5” HD Corning® Gorilla® Glass.
- Conta con 2 GB RAM e 16 GB ROM ampliábel con tarxetas MicroSD até os 32 GB.
- Cámara principal de 13MP dual LED flash e 5 MP a dianteira.
- Conectividade: WiFi 2.4GHz, 802.11 b/g/n, Bluetooth v.4 (LE), 4G LTE e dual SIM.
- A batería é extraíbel de 2.500 mAh.
- O paquete de venta non inclúe cargador.
O seu prezó é de 179 €.
O servizo postventa de Wileyfox conta con centros de atención ao cliente por teléfono no noso país para calquera dúbida sobre asistencia ou reparacións das equipas que se porán á venta nas vindeiras semanas.