Fai poucos minutos rematou a conferencia de prensa de Wiko, que nos deixou unha chea de dispostivos novos, renovando ao completo a súa oferta. As novidades son:
Gama Kool
Vai dirixida a mercados emerxentes e conta con tres membros, o b-kool, k-kool e s-kool que custarán 49, 69 e 99 dólares, respectivamente. Os tamaños de pantalla van desde as 4″ até as 5.5″ e os procesadores son de catro núcleos a até 1.3 Ghz. O corpo do terminal é métalico e saen ao mercado con Android Marshmallow.
Gama Y
Nesta nova gama, destacamos 2 terminais:
Lenny 3
Conta cun pánel IPS de 5″, 16 GB de almacenamento interno, 1 GB de RAM, procesador quad-core a 1,3 GHz e cámaras de 8 mpx para a principal e 5 mpx para a dianteira. Destacamos que ten un corpo metálico e está dispoñíbel en varias cores. O seu prezo será de 129€.
Tommy
A pantalla desta pantalla é de 5″ cun panel de tecnoloxía IPS coma seu irmán, o Lenny3. Ademáis monta un procesador Snapdragon, conectividade 4G e 1 GB de RAM e 8GB de almacenamento interno. As súas cámaras tamén son de 8 e 5 mpx. Todo por 99€.
Gama U
Tamén durante a súa conferencia tamén presentaron o Ufeel que se caracteriza polos 16 GB de almacenamento interno, 3 GB de RAM e 13 mpx para a cámara principal (ámbalas dúas con flahs) e conta cunha batería de 2900 mAh.
Pola súa banda do Ufeel Lite unha versión máis lixeira do Ufeeel, do que destacamos o lector de pegada dixital ademáis do pánel IPS de 5″, 16 GB de almacenamento, 2GB de RAM , cámara principal de 8 mpx e corpo metálico.
Os prezos serán de 169 e 199 euros, respectivamente.
Para rematar, presentaron o Wiko Fever que é o flagship de Wiko. Terá un almacenamento interno de 32 GB e poderémolo atopar nunha chea de acabados.
Destacamos:
- Pantalla de 5.2″ IPS fHD.
- Procesador Quad-Core Cortex-A53 a 1,3 GHz.
- 3 GB de RAM.
- 32 GB ampliábel a 64 GB mediante microSD.
- Cámara principal de 13 mpx e dianteria de 5 mpx.
- Batería de 2900 mAh.
- DualSIM.
- Android 6.0, Marshmallow.
E este foi o derradeiro terminal que nos trouxo Wiko a esta presentación cargada de novidades.