ZTE anuncia o Spro Plus, un novo proxector portátil con Android

Antonte asistimos á keynote de ZTE no Mobile World Congress, onde puidemos ver as últimas novidades da compañía. Un dos trebellos que máis nos chamou a atención foi o ZTE SPRO PLUS, un novo proxector portátil no ecosistema Android.

O Spro Plus é o modelo que serve de evolución ao Spro 2 presente no mercado desde 2015. A principal característica do novo modelo é que conta cunha pantalla tátil de 8,4 polgadas con Android 6.0 Marshmallow no seu interior co que podemos acceder á Play Store e descargar aplicacións desde ela. Este proxector ademáis permite reproducir sobre unha morea de susperficies todo tipo de arquivos grazas ao seu picoproxector de 500 lúmens1 (unha cifra importante para este tipo de equipas) que ofrece unha resolución de 1280 x 800 pixeles.

No apartado técnico destamos o procesador Snapdragon 801, 3 GB de RAM e 32 ou 128 GB de almacenamento interno que nos permite obter un rendemento satisfactorio e usalo tanto de modo profesional coma doméstico.

NOTA:
Que son os lúmens? Nos proxectores usamos esta medida para medir o brillo do equipo. Canto maior sexa esta cifra maior é a potencia do foco. Isto non afecta a calidade da imaxe se non á intensidade co que se ve a mesma.

Sobre o autor

Reply