Xunto aos novos Galaxy S7 / S7 Edge, Samsung anunciou o pasado domingo a Gear 360, unha cámara en 360 graos que permite gravar contidos para os sistemas de realidade virtual.
A Gear 360 está equipada con dúas cámaras CMOS con apertura f/2.0 que se encargan de captar 180 graos cada unha, imaxes que unen en tempo real para formar unha única imaxe seguida. Ademais dispón dun micrófono estéreo para gravar o son, batería propia e certificación IP53 que a protexe de leves inclemencias meteorolóxicas.
Como podemos ver no seguinte vídeo, manáxase a través dunha aplicación deseñada por Samsung para o seu uso.
Demo da Gear 360. A cámara conéctase ao móbil por WiFi, e desde este manexámola en tempo real #TheNextGalaxy #MWC16 pic.twitter.com/MUzlMuWpDY
— Iago Varela Martínez (@iagovarela) February 21, 2016
Algo que non comentaron durante a súa presentación foi o prezo co que sairá ao mercado, mais Amazon vén de poñela en prevenda por 399 €. Se estades interesadas, podedes reservala desde esta ligazón.