Samsung Connect Auto, o IoT chega para quedarse

Samsung tamén presentou estes días en Barcelona baixo o escaparate do MWC o Samsung Connect Auto.

Este gadget, que funciona con Tizen, conectarase o ordenador do noso coche que permitirá transformar o noso coche nun Hotspot Wifi móbil e así poder rastrexar o vehículo no caso de roubo, e o que é máis importante, sen necesidade dun plan de datos. Esta non é a única funcionalidade dispoñíbel, se non que ademáis existen outras coas podemos obter unha morea de datos relacionados co coche desde como é o seu rendemento e mesmo avisar de averías.

Samsung-Connect-Auto_01 mwc

O Samsung Connect Auto non remata aquí coa súa listaxe de características pois ademáis do mencionado até o de agora, tamén podemos variar algúns parámetros do coche grazas á conexión directa co cerebro do noso coche. Por exemplo, mesmo podemos xestionar o encendido de luces; isto vai depender do desenvolvemento dunha serie de aplicacións que farán os coreanos e  poderán funcionar tanto en Android coma en Apple.

O dongle de Samsung usará a conecxión OBD-II bastante común nos nosos coches situada normalmente debaixo o volante. Segundo afirma a empresa, o Samsung Connect Auto non chegará ao mercado americano até mediados de este ano, e para velo por Europa teremos que agardar uns meses máis.

Sobre o autor

Reply