Xiaomi chegou forte ao MWC deste ano. Xa vos falamos do que a todas luces é o principal terminal da compañía, o Xiaomi Mi5. Este smartphone non foi o único terminal co que sorprenderon a xente de Xiaomi, senón que tamén presentaron o Xiaomi Mi4s, un terminal moi interesante a un prezo axustado.
As características principais son:
- Pantallla fHD de 5 pulgadas con 441 ppi.
- Procesador Qualcomm Snapdragon 808.
- GPU Adreno 418.
- 3GB de RAM.
- 64 GB de memoria interna ao que se lle pode engadir unha microSD.
- Cámaras Principal de 13 megapíxeles con flash LED.
- Batería de 3260 mAh con carga rápida Quickcharge 2.0.
- MIUI7, baseado en Android 6.0 Marshmallow.
Por se isto fora pouco, o dispositivoestá contruído en metal e cristal e conta cun lector de pegadas dixitais na parte traseira. Sairá primeiro na China o 1 de marzo, cun precio que se achega aos 235 euros e estará dispoñíbel en branco, ouro, negro e rosa.