Xa pecharon as portas do MWC, pero seguimos a ter moito que contarvos do que aló vimos. Entre as novidades deste ano, e malia que as tablets perderon gran parte do seu protagonismo, está a nova Huawei MediaPad T2 10.0 Pro.
As primeiras impresións tras unhas breves probas foron moi positivas, estando ante un produto que coida o seu deseño e, sobre todo, cunha pantalla FullHD de 10 polgadas que se ve moi ben. Internamente cabe destacar as seguintes especificacións:
- Procesador SnapDragon 615.
- 2GB de RAM.
- 16GB de ROM + microSD.
- Cámara principal de 8 mpx e unha dianteira de 2 mpx.
- Conectividade: LTE, Wifi a/b/g/n/ac, Bluetooth 4.1
- Batería de 6660 mAh.
Polo de agora, e a falta de probar a tablet en profundidade, a maior eiva que lle atopamos foi que sairá ao mercado con Android Lollipop (5.1). Pensamos que a estas alturas xa tería que vir con Android 6.0 Marshmallow de serie, aínda que a súa actualización foi anunciada.