Todos os Galaxy S6 do ano pasado saíron ao mercado integrando procesadores Exynos, manufacturados por Samsung, logo dos problemas de quecemento do procesador referencial de Qualcomm para o 2015. Porén, a nova xeración de Qualcomm Snapdragon, en especial o 820, fixo que Samsung repetise a estratexia de integrar diferentes procesadores aos novos Galaxy S7 / S7 Edge, segundo mercado.
A versión europea virá co SnapDragon 820, mais outra boa parte levarán o Samsung Exynos 8, un procesador que a compañía amosou durante este MWC, imaxinamos que co fin de chegar acordos económico-comerciais con diferentes fabricantes de smartphones e tablets presentes na feira do móbil.
O novo Exynos 8 Octa é a segunda xeración do procesador premium de Samsung. Está fabricado en 14 nanómetros e mellora nun 30% o rendemento e nun 10% a eficiencia enerxética fronte a versión anterior. Ademais, integra un módem LTE Cat 12/13, o 4G máis rápido, que permite acadar velocidades de 600 Mbps en baixada e 150 Mbps en subida.