Coyote anuncia no MWC o novo iCoyote

Aló polo 2011 falabamos no blog de iCoyote como unha aplicación colaborativa que permite ás condutoras mellorar a súa experiencia ao volante, grazas aos servizos de navegación e tráfico en tempo real que inclúe. Pasou moito tempo desde aquela, e tras uns anos de evolución veñen de lanzar a maior das actualizacións da súa aplicación, que coincide tamén co lanzamento dun modelo de negocio freemium.

No seo do MWC deron a coñecer todos os detalles da versión 10 da aplicación, que combina todos os servizos que deron sona a Coyote coa navegación eficiente e en tempo real, baseándose na información proporcionada pola comunidade de usuarias.

A nova versión aspira a que as condutoras reduzan o tempo adicado a desprazamentos por estrada experimentando a condución conectada. Isto permite recibir alertas sobre radares fixos e móbiles, límites de velocidade, perturbacións producidas por accidentes ou obras, etcétera.

coyote mwc - 2

Tamén inaugura un modelo de negocio freemium, que permite o acceso gratuíto a servizos de navegación e tráfico, mentres que as alertas custan 11,99 €/mes. Tamén se pode adquirir un plan de 48h por 2,99 €, un ano por 49,99 € (o mes sae a 4,17 €/mes) ou dous anos por 89,99 € (3,75 €/mes).

Ademais existe a posibilidade de adquirir un dos tres dispositivos  de navegación externos (sen necesidade de móbil) que ofrecen: Coyote Mini (149 €), Coyote S (199 €) e Coyote Nav (229 €). Nestes casos só se ofrece a tarifa mensual de 12 €/mes.

A aplicación iCoyote está dispoñíbel en España, Francia, Bélxica, Italia e Polonia

 

Sobre o autor

Reply