O mundo dos wearables, máis aló de reloxos e pulseiras cuantificadoras, aínda está por explorar. Porén, nunha feira como o MWC non podían falar todo tipo de prendas conectadas, entre as que quixéramos destacar estas zapatillas conectadas que desenvolve Vodafone en colaboración con outras empresas.
Como se pode ver no gif anterior, son unhas zapatillas correntes que levan baixo a plantilla do pé unha tarxeta SIM e sensor GPS, de tal xeito que nos permiten xeoposicionar a quen as emprega. Funcionan grazas a unha batería que se carga a través duns pins situados na parte traseira, como podemos ver na seguinte imaxe.
Están deseñadas pensando en dous tipos de usuarias: por unha banda menores, e por outra xente que poida ter alzheimer ou enfermidades semellantes.
As persoas responsábeis (nais e pais, habitualmente) poden acceder a unha aplicación para comprobar en todo momento onde se atopa a usuaria ou establecer unhas delimitacións xeográficas, de maneira que cando a utente da zapatilla abandona esa área saltará unha alarma.
Polo de agora non se coñece a data da súa comercialización, aínda que segundo nos comentaron podería ser este mesmo ano. Que vos parece a idea?