Euskaltel volve subir os prezos nas tarifas móbiles

A operadora vasca Euskaltel, que desde o verán pasado controla a cableira galega R, vén de facer novos cambios nas súas tarifas, o que na práctica se traducen nunha suba de prezos.

Tras actualizar hai poucos meses as tarifas de custe intermedio, a afectada desta vez é a tarifa plana máis básica, que pasa dos 13,90 € actuais a 16,90 €. A cambio modifica os minutos e megas incluídos, pasando de 200 a 250 minutos e dos 600 MB a 1 GB de datos, con acceso a 4G.

Este movemento lémbranos ao levado a cabo pola galega R, que nos últimos meses subiu as tarifas máis económicas, nalgún caso a cambio de pequenas melloras (plana 13, plana 22), noutras non (tarifa 1).

Novos plans converxentes

A reestruturación de tarifas levada a cabo por Euskaltel tamén serviu para lanzar novos plans converxentes, que inclúen diferentes velocidades de fibra, paquetes de televisión e 3 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 1,5 GB de datos sen 4G cada unha.

  • Pack Familiar 30 Mbps: Internet + fixo + TV Edonon + móbiles por 82 €/mes.
  • Pack Familiar 100 Mbps: Internet + fixo + TV Premium + móbiles por 89 €/mes.
  • Pack Familiar 300 Mbps: Internet + fixo + TV Premium + móbiles por 95 €/mes.

Certamente Euskaltel nunca se caracterizou por ter uns prezos económicos, sobre todo en móbil. polo que só queda desexar que non teñan en mente poñer os de R ao mesmo nivel.

 

Sobre o autor

Reply