Vivo Xplay5 apúntase ás curvas dos “Edge” de Samsung

6 GB de RAM e unha pantalla curva claramente inspirada nas versións Edge dos últimos lanzamentos de Samsung. Son as cartas de presentación do Vivo Xplay5, un terminal chinés non quere deixar indiferente a ninguén co seu coidado deseño e as súas prestacións, a altura das gamas altas das grandes marcas.

Malia que existe unha versión básica cun procesador Snapdragon 652 e 4 GB de RAM, a edición premium leva un Qualcomm Snapdraon 820 e 6 GB de memoria RAM de alta velocidade. En ambos os casos a memoria interna é de 128 GB.

vivo xplay - 4

A pantalla é un panel SuperAMOLED de 5,43 polgadas, con resolución 2560 x 1440 píxeles, e a cámara principal un sensor Sony de 16 megapíxeles, concretamente o modelo IMX298, acompañado de flash de dobre ton. Para a cámara frontal escolleron un sensor de 8 megapíxeles.

Non lle falta lector de pegadas dixitais na parte traseira nin carga rápida para alimentar os 3600 mAh de capacidade da súa batería. Como sistema operativo emprega Android 5.1, cunha personalización chamadas Funtouch OS 2.5.1.

vivo xplay5 - 2

Está dispoñíbel por algo máis de 500 euros, na versión básica, ou 600 no caso da premium. Unhas cantidades que se afastan bastante do concepto de móbil chinés que temos asumido, e que poden facer que moitas usuarias prefiran seguir apostando polas opcións de marcas coñecidas, com oSamsung.

Sobre o autor

No Responses

Reply