A próxima semana Berlín acollerá un evento de Huawei, aínda que previsibelmente non será onde dean a coñecer o novo Huawei P9, ou mellor dito a familia Huawei P9, pois está previsto que chegue en catro versións diferentes: P9, P9 Lite, P9 Max e unha versión especial.
As últimas imaxes filtradas do trebello no que traballa a compañía apuntan un dispositivo que aposta fortemente pola fotografía, integrando na parte traseira dous sensores de 12 megapíxeles, unha solución semellante á que vimos no LG G5. Así mesmo, tamén virán con sensor de pegada dixital, un elemento que xa é básico en dispositivos de todas as gamas.
Onde, obviamente, veremos diferenzas entre as diferentes versións é nas especificacións. O modelo estándar virá con procesdor Kirin 950, 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, mentres que o Lite tería un Snapdragon 650, 2 GB de RAM e e 16 GB de memoria. Finalmente, a versión Max levará un procesador Kirin 955, 4 GB de RAM e 64 GB de memoria, ademais dunha pantalla de 6 polgadas.
Que vos parecen?