MásMóvil xa ten 4G

Logo dun longo período de espera, Másmóvil xa ten 4G. A operadora virtual amarela súmase a unha crecente listaxe de compañías que xa permiten ás súas usuarias empregar a última tecnoloxía en rede móbil dispoñíbel, o que lles permite navegar a velocidades até 4G / 4G+.

Másmóvil ofrece esta mellora desde o pasado 8 de marzo, aínda que non o ofrece en todas as súas tarifas, senón unicamente naquelas que inclúen voz ilimitada xunto cunha cantidade variábel de datos móbiles, así como os plans de Internet de contrato; é dicir, nin Mi Tarifa 0 (pago por consumo) nin as opcións de cartón prepago teñen de momento acceso ao 4G.

masmovil 4g

A compañía, que emprega a rede de Orange, dispón dun abano de tarifas que se adaptan ás diferentes necesidades das usuarias, con chamadas a 0 céntimos ou ilimitadas e máis ou menos datos, aínda que temén dispón dun configurador de tarifa á carta, que nos permite escoller un volume de datos (0 MB, 500 MB, 1 GB ou 2 GB) cun número de minutos asociados (0, 40, 100 ou 200).

A día de hoxe son doce as operadoras virtuais que ofrecen 4G ás súas clientas: Jazztel, Amena, Simyo (todas propiedade de Orange), Ocean’s, RACCtel, Ion Mobile, Redmóvil, Euskaltel, .Tuenti e Pepephone, Ono (propiedade de Vodafone) e, agora, Másmóvil.

Ao longo do ano tamén está previsto que se sume a esta listaxe móbilR, que tras ser absorvida por Euskaltel mudará a cobertura da súa clientela de Vodafone a Orange, logo da negativa da primeira de darlle acceso ao 4G.

Sobre o autor

Reply