Até un 25% de desconto en tarifa contrantando Ocean’s até o 19M

A operadora galega Ocean’s vén de lanzar unha promoción co gallo do Día do Pai, que se celebrará o vindeiro 19 de marzo, grazas á cal as novas contratacións de servizos de comunicación poderán gozar de entre un 20 e un 25% de desconto adicional até o mes de maio no prezo das súas tarifas.

Por unha banda, no caso das tarifas de servizos móbiles (as chamadas tarifas ‘Tierra’) o desconto será do 20%, mentres que tanto para os packs que inclúen triple play de fixo, móbil e Internet (Ocean’s Más) como para as modalidades de conexión a Internet baixo as tecnoloxías de ADSL como VDSL, o  desconto chegará ao 25%.

Para poder desfrutar destas promocións o único requerimento é contratar algún dos citados servizos entre hoxe e o próximo sábado 19 de marzo, sen ter que realizar xestión algunha a maiores. Os descontos aplicaranse nas facturas até o 31 de maio.

Tarifas de Ocean’s

Ocean’s ofrece tarifas que se adaptan a diferentes necesidades das súas clientas, tanto por volume de datos con navegación 4G como pola cantidade de minutos incluídos. Os prezos, sen promoción, son os seguintes:

  • Tierra 6: 100 minutos + 1 GB por 7,26 €/mes
  • Tierra 9: 100 minutos + 2 GB por 10,89 €/mes
  • Tierra 15: 300 minutos + 3 GB por 18,15 €/mes
  • Tierra 25: ilimitadas + 4 GB por 30,25 €/mes
  • Tierra 35: ilimitadas + 5 GB por 42,35 €/mes

Por outra banda, a oferta converxente Ocean’s Más inclúe, por 41,14 €/mes (ADSL) ou 50,82 €/mes (fibra) os seguintes servizos:

  • Teléfono fixo: con con tarifa plana a fixos nacionais, 1000 minutos a fixos de 12 países echamadas a móbiles de calquera operador por 0 cént/min.
  • Móbil: 1 GB de datos 4G + minutos a fixos e móbiles, incluíndo fixos de 12 países. Posibilidade de engadir liñas adicionais.
  • Internet: até 20 Mbps / 800 kbps (ADSL) ou 30/10 Mbps (fibra).

Finalmente, Ocean’s tamén dispón de Internet libre, é dicir, sen teléfono fixo, unha opción que custa 35,05 €/mes e permite velocidades ADSL de até 20 Mbps / 800 kbps.

Todos os prezos do artigo son sen ter aplicado a promoción do Día do Pai. Para máis información: Ocean’s

Sobre o autor

Reply