Asus vén de anunciar novos computadores todo-nun, os Asus Zen AiO Serie S. Trátase de dous modelos, o Zen AiO S Z240IC y Z220IC, ambos de deseño fino e atractivo, que contan ademais cun acabado na parte traseira de metal pulido fabricada integramente en aluminio.
Incorporan procesadores Intel Core i5 de 6ª xeración, xunto cunha tarxeta gráfica NVIDIA GeForce GTX 960M para xogos, con até 4 GB de memoria de vídeo. A serie S do Zen Aio tamén inclúe outras tecnoloxías como o porto USB 3.1 Gen 2 Tipo C a 10 GBIT/S, a almacenaxe SSD PCIe 3.0 x4 M.2 e unha cámara Intel RealSense.
En canto a audio, ambos modelos veñen coa experiencia envolvente do sistema de son ASUS SonicMaster Premium, con seis altofalantes e 16 W de son estéreo. Hai diferentes combinacións de pantalla, a máis relevante o modelo IPS multitáctil de 10 puntos e calidade 4K/UHD, que ofrece imaxes nítidas e vívas ao máximo de detalle.
Na seguinte táboa poden compararse as especificacións de ambo modelos:
ESPECIFICACIÓNS |
||
ASUS Zen AiO S Z240IC | ASUS Zen AiO S Z220IC | |
Sistema operativo | Windows 10 | |
Pantalla | IPS 4K/UHD 3840 × 2160/Full HD 1920 × 1080 de 23,8” | VA Full HD 1920 × 1080 de 21,5” |
Funcións da pantalla táctil | 1) Multitáctil capacitiva de 10 puntos 2) Non táctil |
1) Multitáctil capacitiva de 10 puntos 2) Non táctil |
Procesador | Intel® Core™ i5-6400T | Intel® Core™ i5-6400T |
Chipset | H170/H110 | H110 |
Tarxeta gráfica |
|
|
Memoria | DDR4 a 2133 MHz, 2 ranuras SO-DIMM, 8 GB/16 GB/32 GB | DDR4 a 2133 MHz, 2 ranuras SO-DIMM, 4 GB/8 GB/16 GB |
Almacenaxe interna | HDD de 1 TB/HDD de 2 TB/HDD de 1 TB + SSD de 128 GB/SSD PCIe® de 512 GB | HDD de 500 GB/HDD de 1 TB/HDD de 1 TB + SSD de 128 GB/SSD PCIe® de 512 GB |
Rede de datos sen fíos | 802.11ac + Bluetooth® 4 (M.2, 2T2R), admite Intel® WiDi | 802.11ac + Bluetooth® 4 (M.2, 2T2R), admite Intel® WiDi |
LAN | 10/100/1000 MB/s | |
Cámara e micrófono integrados |
1) HD 720P de 1 MP, 2 micrófonos dixitais 2) Cámara Intel® RealSense™, 2 micrófonos dixitais |
HD 720P de 1 MP, 2 micrófonos dixitais |
Función de audio | ASUS SonicMaster Premium | |
Altofalantes | 8 altavoces estéreo de 8 W | |
Portos de E/S de interface | 1 USB 3.1 (Tipo C) 4 USB 3.0 1 USB 2.0 1 conector de micrófono 1 conector de auriculares 1 lector de tarxetas 2 en 1 (SD/MMC) 2 saídas HDMI (Z240); 1 saída HDMI (Z220) 1 conector de alimentación 1 conector LAN 1 ranura para bloqueo de seguridade Kensington |
|
Fonte de alimentación | 180 W | 180 W/120 W |
Teclado + rato | Teclado + ratón sen fíos |
Ambos dispositivos están xa á venda, partindo de 999 € (modelo Zen AiO S Z220IC) ou 1199 € (modelo Zen AiO S Z240IC), respectivamente.