FLIO: a app para as que empregan moito o avión

Os tempos de espera nos aerorportos poden chegar a ser infinitos. Por iso, co fin de axudar a todas esas persoas que pasan moito tempo nos aeroportos, creouse FLIO.

A aplicación ofrece acceso WiFi gratuíto, unha das utilidades máis demandadas polas usuarias, así como descontos nas tendas ou restaurantes que hai nos aeroportos (que, dado o custe das cousas aló, ben se agradece). Ademáis para as máis despistadas, a app tamén conta cun servizo de información de chegadas / saídas dos voos, así como unha estimación dos tempos de espera nos controis de seguridade, tan frecuentes e intensivos a día de hoxe.

flio 02

O acceso WiFi cubre até 180 aeroportos de varios países, entre eles España, o Reino Unido, Suíza e Francia, e funciona do seguinte xeito: iniciamos sesión en FLIO, que garda os datos en segundo plano, e así cun único logueo inicial podémonos conectar á rede WiFi oficial gratuíto. É dicir, que con FLIO evitamos ter que andar entrando nos portais cautivos, tan incómodos á hor de traballar con eles.

flio 03

Se todo isto pareceuvos pouco, dentro da aplicación podemos atopar outra información de interese, como onde temos un lugar de carga para os nosos gadgets, ou unha zona de xogos para a xente que viaxa con pícaras e mesmo as rutas máis rápidas para chegar ás cidades.

FLIO está en constante actualización, co obxectivo de ampliar o número de aeroportos incluídos e ofrecer aínda máis servizos para as viaxeiras. Se estades interesadas en probala, podedes descargala de balde nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply