LIAM, o robot co que Apple reciclará os iPhone

Na Keynote de Apple de onte á tarde, ademais de dar a coñecer os novos iPhone SE e iPad Pro de 9,7″, falounos de LIAM, un robot que é quen de desmontar un iPhone para a súa reciclaxe, aproveitando as partes ás que aínda se lles pode dar un segundo uso ou poden ter máis vida útil.

Segundo parece, Apple empregará LIAM con cada terminal que sexa devolto á compañía unha vez rematada a súa vida útil: de termos un dispositivo da compañía unicamente debemos levalo a unha Apple Store para que as empregadas se encarguen de todos os trámites para a súa reciclaxe e, deste xeito, o silicio poida ser reutilizado, por exemplo, na fabricación de placas solares.

Como puidéchedes ver no vídeo, LIAM é un prodixio da enxeñaría. Segundo as cifras que manexa Apple pode desmontar arredor de 1,2 millóns de smartphones ao ano, polo que con esta ferramenta Apple consolídase como unha empresa amiga co medio ambiente: non en van, anunciaron que o 93% das súas instalacións xa funcionan empregando enerxías renovábeis.

Que vos parece o becho?

Sobre o autor

Reply