Vernee Apollo e Thor, os smartphones da nova marca chinesa Vernee

Fáltannos dedos no corpo para contar o número de fabricantes chineses que existen, e recentemente vense de unir un novo á listaxe. Falamos de Vernee, unha compañía que está a dar moito que falar grazas a Vernee Apollo, un dos móbiles cos que se presenta, xa que é o segundo teléfono en incorporar 6 GB de memoria RAM. Xunto a el temos a Thor, un dispositivo desenvolto en colaboración con Uber.

Vernee Apollo

vernee apollo 2

O Apollo é un dispositivo unibody coa carcasa fabricada en metal. Ten unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución 2K e sensíbel a diferentes níveis de presión; no interior leva un procesador MediaTek Helio X20, 6 GB de memoria RAM e 128 GB de memoria interna. A cámara principal é un sensor Sony IMX230 de 21 megapíxeles, e vén con conector USB Tipo C e lector de pegadas dixitais.

Custará 399,99 dólares.

Vernee Thor

vernee thor

Pola súa banda, o Thor é un modelo moito máis modesto, aínda que apenas se coñecen as súas especificacións, máis aló de que integra unha pantalla de 5,5 polgadas con resolución HD (1280 x 720 píxeles) e que non renunciará a prestacións de gama media – alta, como o lector de pegadas dixitais ou o sistema de carga rápida.

Sairá á venda en abril e o seu prezo será de 129,99

Sen resultar dispositivos especialmente novidosos, máis aló do feito diferencial que supoñen os 6 GB de RAM no Apollo, ambos trebellos servirán para aumentar as alternativas das usuarias tanto na gama de entrada (Thor) como na gama media (Apollo). Tamén é certo que haberá que agardar a ver como é a súa chegada a Europa, pois non está claro que vaia ser comercializado de maneira oficial.

Sobre o autor

Reply