Abanca anunciou esta mañá o lanzamento de Abanca Pay, unha nova aplicación orientada a facer e recibir pequenos pagos móbiles de modo sinxelo.
Todas as clientas da banca electrónica de Abanca poden empregar este servizo desde este mesmo momento, e rexistrarse é tan sinxelo como iniciar sesión cos datos de usuario e contrasinais que teñamos configurados; a aplicación xa se encarga de empregar os nosos datos de contacto, como o nome, correo e teléfono que teñamos dados de alta no servizo.
Para proceder á realización dun pago simplemente debemos seleccionar un dos nosos contactos ou escribir directametne o seu email ou número de teléfono móbil. Abanca Pay faralle chegar o pago directamente á outra persoa, e se non ten a aplicación indicaralle como poder cobralo. Saberemos en todo momento en que proceso está a transferencia grazas a un código de cores desde a opción de resumo de operacións.
Para poder empregar Abanca Pay é preciso ser cliente de Abanca, mais se poden enviar cartos a calquera persoa, sexa ou non de Abanca, sempre e cando a outra persoa teña unha conta da área SEPA. No caso de que ambos sexan clientes do banco galego a transferencia é inmedianta, mentres que se pertencen a entidades diferentes tardará algo máis, como nas transferencias estándar.
Como límites, establecéronse un máximo de 150 € por operación 300 € por día e 3000 € por ano, polo que este servizo está orientado a eliminar pequenas débedas coas nosas amizades, como nesas situacións nas que unha persoa quédalle a deber unha entrada de cinema ou unha cea á outra.
Podemos descargar Abanca Pay desde a Play Store. Que vos parece este novo servizo?