Probamos App Cloner, unha app para duplicar aplicacións

Hoxe queremos falarvos dunha aplicación que estivemos a probar estes días. Chámase App Cloner e serve para clonar aplicacións nos nosos terminais, é dicir, ter instalada dúas veces a mesma app e con diferentes configuracións. Como exemplo, pode resultar interesante clonar unha app se queredes:

  • Usar dúas contas diferentes no mesmo terminal cando a aplicación que queredes clonar non soporta a multiconta. Moi útil cando viaxades en parella e non queredes levar dúas tablets para aforrar peso e espazo ou se por traballo temos precisamos ter activas dúas contas ao tempo.
  • Xogar dúas partidas diferentes ao voso xogo favorito: clonando a app, podedes gardar por separado as partidas.
  • Se tedes un terminal dualSIM e queredes ter dúas contas de Telegram por exemplo, (unha con cadanseu número) a solución e clonar a app.

Para facer todo isto dun xeito sinxelo temos App Cloner que funciona do seguinte xeito.

app cloner 01

Como vemos na captura, o primeiro que nos aparece é a listaxe de apps instaladas nos nosos terminais. Buscamos a app que nos interesa duplicar e prememos sobre ela para comezar o proceso.

app cloner 02

app cloner 03

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En poucos segundos, temos a app duplicada no noso terminal e na pestaña de Cloned APKs é onde vemos todas as aplicacións clonadas. Unha vez feito isto, só temos que volver a configurar a app coma cando a descagamos por primeira vez da Play Store.

Ademáis App Cloner ofrécenos moitas opcións de configuración e así podemos mudar a icona da app, cambiar a cor, instalar as app na micro SD, … Iso sí, algunhas opcións so dispoñíbeis na aplicación de pagamento.

Tede en conta, que polo de agora non todas as aplicacións poden ser clonadas e entre elas está Whatsapp. Se o intentades, apareceravos a seguinte mensaxe:

app cloner 06

Malia este contratempo, pensamos que App Cloner é unha aplicación moi válida para aquelas usuarias que polas suas necesidades precisan ter activas dúas ou máis contas en apps que non a soportan. Premendo nesta ligazón podedes descargar a aplicación desde a Play Store.

Sobre o autor

Reply