Vodafone chega a un acordo con Mediapro para emitir as próximas tempadas de fútbol

Vodafone e Mediapro veñen de acadar un acordo mediante o cal a operadora poderá difundir a canle beIN Sports La Liga, con contidos da Liga BBVA e a Copa del Rey correspondentes ás tempadas 2016/17 a 2018/19, a través do servizo Vodafone TV.

Deste modo Vodafone poderá ofrecer á súa clientela, entre outros contidos, oito partidos da Liga de primeira división para cada xornada, incluíndose un mínimo de 18 partidos do Real Madrid e outros 18 do Barcelona, así como un partido entre ambos clubes e todos os partidos da Copa del Rey, excluíndo as semifinais e a final.

bein sports

Ademais, o servizo de televisión pode ser disfrutado por calquera usuario das redes Vodafone, con independencia da tecnoloxía a través da cal acceda o usuario, ben sexa fibra Ono ou XDSL. Así mesmo, as usuarias de televisión tamén poderán disfrutar dos contidos de beIN Sports La Liga desde a plataforma OTT Vodafone TV Online.

Cabe lembrar que Vodafone conta ademais coa canle beIN Sports, que inclúe as principais competicións europeas para as próximas dúas tempadas.

Sobre o autor

Reply