Homtom HT3, un teléfono Android por menos de 50 euros

No ecosistema Android a competencia chega por varios frontes. Un, obvio, é o das especificacións, mais outro non menos importante é o do prezo. Nesta liña, hoxe queremos falarvos do Homtom HT3, un smartphone que se por algo nos sorprende é polo seu baixo custo, xa que o podemos atopar por 46,54 € ou 53,57 €, dependendo do acabado que escollamos. Este modelo está fabricado por Homtom, unha compañía chinesa aínda pouco coñecida por estes lares, pero que está comezando a dar que falar polos seus prezos axustados.

homtom_ht3 - 2

As súas especificacións superan o que cabería esperar dun terminal por ese prezo, e inclúen unha pantalla con panel IPS HD de 5.0 polgadas con cristal 2.5D e resolución 1280 x 720 píxeles, procesador MediaTek (modelo MT6580), de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna, aínda que poderemos ampliar a súa capacidade a través de tarxetas microSD de até 64 GB de capacidade.

Dispón de dúas cámaras, a principal de 5 megapíxeles e unha frontal de 2 megapíxeles, aínda que segundo din simulan mediante software sendas cámaras de 8 e 5 megapíxeles (habería que ver con que resultados). Polo demais, inclúe a serie de sensores básicos habituais que xa damos por obvios en calquera smartphone que se prece, ademais de dual SIM e unha batería de 3000 mAh.

homtom_ht3

Finalmente cómpre falar dos seus acabados. Malia parecer que está fabricado en metal realmente trátase de policarbonato que simula bastante ben, a lo menos en apariencia, o alumnio pulido. A versión en negro é a máis económica, mentres que a gris custa apenas 7 euros máis.

Sobre o autor

One Response

  1. Jose 12 Abril, 2016 Responder

Reply