Logo de varias subas consecutivas de prezo nas súas tarifas (a última con aumento na cantidade de datos móbiles incluídos), R sorpréndenos con Tarifa R, unha fórmula para que aquelas persoas que teñen varias liñas móbiles e todos os servizos na mesma conta poidan aforrar algúns euros a final mes na súa factura.
Tarifa R 3 GB por 13 €/mes e Tarifa R 2 GB por 10 €/mes
Tarifa R está dispoñíbel en dúas modalidades, en función dos datos incluídos. Por 13 €/mes por liña adicional teremos 3 GB de datos, e por 10 €/mes por liña adicional 2 GB. En ambos casos inclúense chamadas ilimitadas e navegación en wificlientesR.
Malia todo, para poder gozar destas novas tarifas é preciso cumprir unha serie de condicións:
- Ter unha liña móbil con tarifa plana 22 (chamadas ilimitadas e 3 GB por 22 €/mes)
- Máximo 3 liñas con Tarifa R
- Ter un mambo ou un combo 50, 150 ou 350 (só no caso da Tarifa R 2 GB)
Desde o noso punto de vista esta opción pode ser interesante para aquelas persoas que ou ben teñen contratadas tarifas altas ou ben aqueles casos nos que hai moitas liñas de perfil baixo na mesma conta e pode compensar subir unha á plana 22 para que as outras saian máis baratas e teñan a cambio máis servizos incluídos.