Os podcasts chegan a Google Play Music

Os podcasts chegan a Google Play Music. Semanas despois de que comezasen os primeiros rumores que apuntaban a que a compañía de Mountain View estaba a traballar en novidades no seu servizo musical, onte á tarde fíxose oficial e, comezando polos Estados Unidos e Canadá, os podcasts iranse integrando aos poucos en Google Play Music.

Para que non os coñeza, os podcasts son audios a modo de programa de radio que as usuarias suben á rede para que outras os poidan escoitar. Hainos de todo tipo, por temáticas e calidades (máis amateur ou profesional), aínda que cada vez son máis as radios tradicionais que tamén se apuntan á moda podcast para que as oíntes poidan escoitar os programas cando lles veña ben, e non ligadas a unha hora determinada.

podcast google music

Para poder publicar os nosos podcasts en Play Music é preciso dirixirse primeiro a g.co/podcastportal e pasar por un proceso de verificación, aínda que se accedemos desde Galiza veremos que de momento non é posíbel facelo pola limitación xeográfica. Tamén por iso polo de agora só hai audios en inglés.

En calquera caso, Google habilitará o seguemento de podcasts tanto desde a aplicación Android como na versión web de Play Music, aumentando así as posibilidades das usuarias.

Sobre o autor

Reply