O Honor V8 presentarase o 10 de maio e virá con dobre cámara

A presentación do Huawei P9 de hai uns días serviu para que o fabricante chinés amosase ao mundo a súa intención de apostar por trebellos con dobre cámara. Tras este dispositivo será o Honor V8 (comercializado baixo o paraugas de Honor, a marca secundaria de Huawei) quen incorporará esta tecnoloxía.

honor v8 convite

Será o vindeiro 10 de maio cando este dispositivo sexa anunciado oficialmente e, polo tanto, cando coñezamos todo o que poden aportar os dous sensores de 12 megapíxeles que incorporará este Honor V8.

Do resto de especificacións e do seu deseño apenas sabemos nada, aínda que se especuala coa posibilidade de que leve o procesador Kirin 950, de fabricación propia, e unha memoria RAM que podería situarse nos 4 GB.

Sobre o autor

Reply