Nos últimos anos hai unha clara tendencia cara empregármonos pantallas grandes nos nosos dispositivos, coas 5,2 polgadas como medida máis habitual. É por iso que nos sorprendemos cando aparecen propostas que difiren dese tamaño pseudo- estandarizado, como a proposta de Posh Mobile co seu novo dispositivo, o Micro X S240, que destaca pola súa pantalla de 2,4 polgadas, converténdose no smartphone Android máis pequeno do mundo.
O trebello é, por características, un dispositivo moi básico, e no seu interior está equipado cun procesador MediaTek MT 6572M, de dobre núcleo a 1 GHz. Leva 512 MB de memoria RAM e 4 GB de almacenaxe interna, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 32 GB.
A pantalla, de 2,4 pogladas, ten unha resolución de 240 x 432 píxeles e as súas cámaras son de 2 megapíxeles (traseira) e VGA (frontal). A batería fica nos 650 mAh, e vén con Android 4.4 KitKat.
Véndese por 50 dólares nos Estados Unidos a través de Amazon, aínda que se trata dunha oferta limitada, xa que dentro dun tempo subirá a 90 dólares. Que vos parece? Mercaríades un dispositivo coma este?
Eu habia mercalo se fora mellor, non por ser pequeno ten que ter pouca RAM, un procesador desfasado ou unha resolución pequena.