Mininovas Android: a malla da semana

Intel despedirá a 12000 traballadoras

intel

Intel afronta un fondo proceso de reestruturación que afectará ao 11% da plantilla en todo o mundo. Dise que neste proceso unhas 12.000 traballadoras van ser despedidas até mediados de 2017. A estratexia de Intel pasa por centrarse na nube, centrais de datos e telefonía móbil pois o mercados dos PC’s leva anos en retroceso.

Microsoft Outlook chega a Android Wear

outlook

As empresas de software teñen asumido a importancia de estar en todas as plataformas posíbeis, e desde esta nova situación enténdese a novidade que nos achega Microsoft esta semana. Desde agora, Outlook é compatíbel con Android Wear para que deste xeito as usuarias de Outlook que merquen un reloxo intelixente Android, non teñan interese en cambiar de xestor de correo, pois na nosa opinión as usuarias son moi fieis aos seus xestores polo traballo que se precisa para configurar regras, filtros, sinaturas,… Ben por Microsoft.

Xiaomi xa vai polos 14,8 millóns de terminais vendidos

Xiaomi-Logo

Segundo o analista chinés Kevin Wang, Xiaomi leva vendidos case 15 millóns de unidades no primeiro trimestre do 2016. Unha boa cifra para un empresa que non emprega os canais habituais de distribución.

bq está xogando con lume

bq_negro_para_fondo_claro

A empresa españoal bq está en horas baixas. Primeiro foron os numerosos despedimentos a comezos de ano e agora é o anuncio de que nin o E5 FHD, E6 e E10 van ser actualizados a Android 5.1 Lollipop como prometera nos foros da empresa. Iso sí, eles culpan a Mediatek, o fabricante dos SoC desdes terminais.

Desta situación sacamos unha conclusión: está feo poner a túa boa imaxe nunha promesa na que o seu cumprimento, non está na túa man.

Facebook Messenger xa permite compartir arquivos de Dropbox

fb messenger dropbox

Esta semana anunciouse a posibilidade de compartir arquivos aloxados en Dropbox a través de FB Messenger. Levamos un tempo no que están chegando moitas e novas funcionalidades ás apps de mesaxería instantánea. Toda elas, a día de hoxe, son quen de deixar de lado as apps de correo nos smartphones.

Unha vez vencelladas as dúas apps, Dropbox aparecerá no menú das extensións desde onde a usuaria poderá enviar os arquivos (imaxes ou vídeos). Sinxelo non? Agardamos que esta funcionalidade non tarde moito en chagar.

Telegram dará 1 millón de dólares ás creadoras de bots

bots telegram

Se sodes quen de crear os mellores bots, Telegram pode recompensarvos cun millón de dolares. Este foi o anuncio que fixo esta semana a empresa polo que anuncian esta doación a todas aquelas que participen no programa usando a API de Telegram e poidan desenvolver o mellor asistente que interactue de xeito natural coa usuaria e non un simple bot que ante preguntas tipo arroxe respostas tipo.

Estades lista para participar?

Sobre o autor

Reply