Franz, a aplicación que permite xestionar varias apps de mesaxería

A día de hoxe cada vez son máis as aplicacións de mesaxería instantánea que empregamos. Para axudarnos coa súa xestión temos Franz unha aplicación multiplataforma (Windows, Mac e Linux) que podemos instalar de xeito gratuito nos nosos PCs.

Cando temos Franz instalada, debemos elixir a aplicación de mensaxería a sincronizar e loguearnos cos nosos datos, de maneira que as notificacións de todas eles centralízanse nunha soa, en Franz. Deste xeito seremos produtivas, pois a cada intre non temos que coller o noso smartphone para ver que mensaxe temos pendente de revisar.

franz 01

Ademáis, a compatibilidade desta aplicación é importante pois soporta Facebook Messenger, Telegram, WhatsApp, Google Hangouts e Skype, ademáis de outras menos empregadas por estes lares, como WeChat, GroupMe, ChatWork, Gitter, Discord, Steam, Grape, Slack e HipChat.

Malia que polo de agora Franz está en fase beta, funciona bastante ben nos diferentes sistemas operativos e como non pode ser doutri xeito, a empresa garante a total privacidade dos datos. Se queredes probar Fanz, podedes descargar nesta ligazón a app desde a web oficial.

Sobre o autor

Reply