Xplova X5, un ordenador para ciclistas con videogravación

 

Xplova, unha compañía subsidiaria de Acer, vén de presentar o seu novo equipo Xplova X5, orientado ás amantes do ciclismo, así como tamén a aplicación Xplova Moment, pensada para ciclistas máis ocasionais. Xplova X5 é o primeiro ordenador para ciclistas con gravación, e está orientado sobre todo en capitáns de equipos, organizadores de eventos, medios de comunicación e outros membros da comunidade.

xplova x5 - 2

Unha das súas características máis singulares é a gravación de vídeo. O Xplova X5 está equipado cunha cámara de gran angular que permite gravar os momentos máis emocionantes dun percorrido. Algoritmos intelixentes permiten aos ciclistas capturar automaticamente videoclips de paisaxes durante tres segundos en función de parámetros determinados, como a velocidade, a frecuencia cardíaca, coordenadas e mesmo puntos de interese. Porén, a gravación tamén pode ser activada de xeito manual, podendo seleccionar e recopilar até oito videoclips nun único vídeo que poder subir ás redes sociais. As gravacións son a 720p de resolución e poden verse na pantalla a cor, que ten tecnoloxía tranflective para unha visualización cómoda mesmo con incidencia solar directa.

Como solución integrada de hardware, software e sevizos, Xploca X5 incorpora Smart Sign Guidance, que sincroniza e almacena as rutas favoritas dos ciclistas directamente en Xplova.com, o que permite crear roteiros detallados con puntos únios de interese gravados na nube para poder reproducilas no ordenador X5.

O dispositivo actúa como un panel de control que presenta en tempo real os datos de rendemento das ciclistas, como velocidade, frecuencia cardíaca, cadencia, indicador de forza, … Ademais, un gráfico personalizábel permite unha análise máis detallada para comparar a velocidade, ritmo, potencia, posición na marcha, distancia e duración da viaxe. Grazas á súa resistencia á auga IPX7, o trebello pode empregarse en calquera condición meteorolóxica.

Estará dispoñíbel no terceiro trimestre do ano, aínda que polo de agora non coñecemos o seu prezo.

Sobre o autor

Reply