HP segue apostando polos Chromebooks, e onte á tarde presentou un novo modelo que coida tanto o deseño como o hardware. Falamos do HP Chromebook 13.
O que sen dúbida máis chama a nosa atención deste novo trebello é que está fabricado en aluminio, ademais de que é moi delgado e seu peso achégase aos 1,3 kilogramos. En canto ao hardware, podemos elixir até 16 GB de memoria RAM e procesadores Intel Core M, da familia Skylake. A pantalla, de 13,3 megapíxeles, ofrécenos unha resolución de 3200 x 1800 píxeles, o que garante unha visualización nítida dos contidos.
Nestas equipas tan lixeiras, pensadas para traballar en mobilidade, un punto importante é a súa autonomía. Segundo a empresa, o novo HP Chromebook 13 acada as 11 horas e media, o que nos permitirá traballar todo o día sen preocuparnos de térmonos un enchufe preto. Destacamos o porto USB Type C elixido para a recarga da batería.
Ademáis, a compañía ofrece un dock que nos permitirá conectar dous monitores a este novo Chromebook e, ao mesmo tempo, cargar un móbil ou tablet empregando para ilo a batería do PC.
O HP Chromebook 13 é froito dunha colaboración entre HP e Google, que participou activamente no seu deseño, e sae ao mercado americano por un prezo de 499$ na súa configuración máis básica.